TITULO PROPIO: Estudos avanzados da Arquitectura Popular

Presentación1
Lanzamento do curso de posgrao
ESTUDOS AVANZADOS DA ARQUITECTURA POPULAR: un título propio da Universidade da Coruña, conxunto coa Universidade de Lisboa.
A Arquitectura Popular é unha compoñente esencial e definidora da cultura de calquera sociedade e un dos mais ricos elementos do seu acervo cultural e social. Mais tamén presenta ten relevancia económica. Por todo isto debe ser estudada e preservada.
A comprensión da cultura arquitectónica de raíz popular é esencial para a permanencia da historia, da memoria e das raíces das comunidades, constituíndo ao tempo a súa rehabilitación unha oportunidade para o desenvolvemento.
Dende o punto de vista disciplinar o estudo desta arquitectura é un territorio privilexiado para aproximarse a solucións coherentes e sustentábeis, testar novas prácticas e explorar territorios pouco frecuentados polo exercicio profesional.
Neste contexto, apoiado na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña e na Faculdade de Arquitectura da Universidade de Lisboa, nace o posgrao en ESTUDOS AVANZADOS DA ARQUITECTURA POPULAR, de 45 ECTS, a desenvolverse no curso 2015-2016.
Esta oferta académica acrecéntase coa achega da Cámara Municipal de Ponte da Barca (Portugal), vila emblemática para os estudosos dese patrimonio, que será o lugar onde se impartirán as aulas e desenvolverán os workshops vinculados.
O curso está dirixido polos profesores: Plácido Lizancos, do Departmento de Representación e Teoría Arquitectónicas da Universidade da Coruña; Manuel C. Teixeira da ARCA de Coimbra (PT) e Isabel Raposo da Faculdade de Arquitectura da Universidade de Lisboa (PT).
+ Info e inscripcións no website da Fundación Universidade da Coruña:
Ainda máis información no PDF:
dia_0093