CONGRESO ARCADIA4

arcadia4

Os dias 29 e 30 de setembro celebrouse na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña o “IV Congreso sobre Arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento” (ArCaDia)

que nesta súa cuarta convocatoria tivo por argumento o Sentido social do hábitat
Este congreso chega a Coruña en resposta ao traballo que aqui se ven facendo neste tipo de arquitecturas e tamén, por que non decilo, para animar ao moito que aínda queda por faccer. Como tal é unha oportunidade para entrar en contacto con numerosos profesionais que teñen impartido a docencia, investigado e executado arquitecturas con forte compoñente social como o arxentino Víctor Saúl Pelli que abríu o Congreso ou o profesor Julián Salas, quen presentou a ponencia oficial que España vai levar ao Cumio das Nación Unidas “HABITAT III” a celebrar en Quito en Outubro próximo.